Todo emprendimento nace dunha idea que, por diversas razóns, espertan nunha ou máis personas o interese suficiente como para embarcarse nuha ardua e incerta viaxe que ten por obxectivo facer realidade dita idea.

 

A idea que motivou este proxecto ven impulsada polo inagotable combustíbel dos exploradores: a curiosidade, a sede de coñecemento, a necesidade de romper límites.

 

Decididos a transitar por unha senda pouco frecuentada atopamos que non era propiamente un territorio novo o que queriamos explorar senón máis ben a fronteira entre dous territorios, aqueles nos que xa acostumabamos transitar: o campo escénico e o campo audiovisual.

 

Concretamos entón o noso obxectivo: explorar as posibilidades expresivas que xurden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual para contar historias no eido artístico da representación en vivo e en directo dun xeito novidoso e poético, misturando teatro coa creación de video e son en directo.

 

E do mesmo xeito que un explorador escolle os materiais de que estará feita a nave que o levará na súa aventura, do mesmo modo que el enche as bodegas, nós comezamos un periplo de case tres anos de investigación, experimentación e desenrolo na procura do virtuosismo, a beleza, a significación e a narrativa transmedia ata que ao fin xa temos armada a nosa primeira nave, unha nave cunha profunda pegada artesanal e un complexo despliegue tecnolóxico que nos levará cara novos horizontes.

Estades convidados a viaxar connosco!


·

Olla aquí un video-ensaio sobre nós e o noso traballo