PYKA: o corazón na eclipse


PYKA

o corazón na eclipse

· teatro visual · monicreques de tamaño humano · cine ao vivo · música en directo ·

 

DURACIÓN APROXIMADA: 80 min

IDIOMA: Galego

PÚBLICO: a partires de 16 anos

 

O íntimo se fai público

 

Acompañados pola música en directo do Trío Caspervek, 

Cinema Sticado volve a carga cunha emocionante viaxe polo íntimo da memoria 

a través dunha ollada poética que recorda, que descobre, que transforma.

 

SINOPSE

PYKA, que en ruso significa brazo, é a historia e o remake dunha película desaparecida da cal só queda un documento sonoro e o seu título. O punto de partida é un relato familiar de Helena Varela que sitúa a súa avoa Gelines como única testemuña dunha película de animación que fixo unha tal Olga Lebèdev na Rusia stalinista, en colaboración co director de cine Sergei Eisenstein.

 

EN ESCENA

ACTORES/MANIPULADORES: Helena Varela e Xosel Díez

MÚSICOS: Brais González (piano), Raquel Fernández (violín) e Blas Castañer (percusión)


CREACIÓN: Xosel Díez e Helena Varela 

DIRECCIÓN: Xosel Díez

DRAMATURXIA: Julio Fer e Xosel Díez

MONICREQUES HUMANOS: Xabi Varela

MÚSICA ORIXINAL: Brais González

ILUMINACIÓN: Julio Fer

ESCENOGRAFÍA: Xosel Díez

VESTIARIO: Helena Varela