Oh, Mammi Blue


Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador.

Formato: Monólogo cómico

Duración: 70 minutos

Público: Máis de 16 anos

 

“A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.”

 

Oh, mammi blue é unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade. Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.

 


SINOPSE

Oh, mammi blue comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. A través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección e dramaturxia: Noemi Rodríguez

Elenco: Helena Varela

Deseño de escenografía: Coti Faro

Deseño de iluminación: Laura Iturralde

Deseño de vestiario: As Dúas e Punto

Videos e espazo sonoro: Xosel Díez

Axudante de dirección: Darlene Rodríguez

Dirección de produción: Helena Varela

Técnicas en xira: As Dúas e Punto

Fotografía: Alberto Pequeño

Deseño gráfico e dirección de Arte: María Vilariño

Cartel: Nico Juárez

Distribución: Señora Barrio


Colaboran: Auditorio Municipal de Cangas, Departamento de Igualdade da Deputación de A Coruña, Camino en Kayak, RedTalento Consultoras, A Micalla e Salón de Beleza Ítaca.



  Prensa  

✍️ «A xenialidade desta obra é o uso da comedia para temas desgarradores»
(artículo en Faro de Vigo)

✍️ El parto de Helena Varela: «Oh, mammi blue»
(artículo en A Voz de Galicia)

✍️ “Oh, Mammi Blue: O persoal do político”
(crítica de Diana Longa na RGT)

(Crítica de Afonso Becerra na Radio Galega)

✍️ “Oh, Mammi Blue: Ou ‘o teatro non é un sitio para facer terapia'”
(crítica de Sara Santamaría na RGT)

  Consulta  

A nosa axenda

Máis info



  Cinema Sticado 2025