STRPTS // Fin de tempada
un espectáculo de cine ao vivo
· cine ao vivo · performance · monicreques · obxectos · sombras · proxección de video · imaxe, son e música en directo ·
DURACIÓN APROXIMADA: 60 min
IDIOMA: Galego ou castelán
PÚBLICO: a partires de 12 anos
Quen manipula os fíos?
O Colectivo Cinema Sticado segue a xogar coa súa cacharrada analóxico-dixital para compoñer con intriga, humor e maxia unha aventura que xira en torno á manipulación e o poder, e a posibilidade de combatilos.
SINOPSE
Dous frikis humanos teñen a misión de facer unha película, unha selva está a piques de desaparecer, dous fuxitivos agardan nunha casa illada, un Ministro e o seu fillo ambicionan o poder, e no medio de todos eles…. un maletín.
EN ESCENA
HUMANOS EN DIRECTO: Helena Varela e Xosel Díez
CREACIÓN: Xosel Díez e Helena Varela
TEXTO: Julio Fer e Xosel Díez
DEBUXOS: Xabi Varela
ASESORAMENTO DRAMATÚRXICO: Noemi Rodríguez
PROGRAMACIÓN PURE DATA: João Pinheiro
ILUMINACIÓN LED: Man Núñez
DECORADOS: Nola Rivera
AGRADECIMENTOS ESPECIAIS: Katja Vetter (NL) (polo seu patch de audio slice/jockey)
PREMIOS
“Innovación tecnolóxica no desenvolvemento dunha nova linguaxe escénica”
XXVI International Puppet Theatre Festival “Three are too many, two are not enought”