STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula


STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula

un espectáculo de cine ao vivo

introduciónsinopseficha artísticao cómicdescargasfotospremios

 
Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras.
Intriga, corrupción, asasinatos… e unha fuxida inesperada.

Quererás ver máis.

· cine ao vivo · performance · monicreques · obxectos · sombras ·

· proxección de video · imaxe, son e música en directo ·

videoTrailer


Un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política.

LogoEP1_150x150
 



TIPO DE ESPECTÁCULO: Cine ao vivo

XÉNERO: Intriga

COMPAÑÍA: Cinema Sticado

DURACIÓN APROXIMADA: 60 min

IDIOMA: Galego ou castelán

PÚBLICO: Xuvenil e Adulto

CREACIÓN: Xosel Díez (ES) e Helena Varela (ES)

DEBUXOS: Xabi Varela (ES)

PROGRAMACIÓN PURE DATA: João Pinheiro (PT)

ILUMINACIÓN LED: Man Núñez (ES)

DECORADOS: Nola Rivera (ES)

AGRADECIMENTOS ESPECIAIS: Katja Vetter (NL) (polo seu patch de audio slice/jockey)


PERFORMERS EN DIRECTO: Xosel Díez e Helena Varela



Xa que a memoria humana ten o seu aquel …

… non perdas a fantástica adaptación en banda deseñada do episodio 1 !

porque aínda que inesquecíbel é o noso espectáculo …

… non está de máis un bo recordo !

128 páxinas, cor, tapa cartoné, 148x210mm

Dispoñible sempre despois de cada espectáculo e tamén nos seguintes puntos de venda.

comicBookFRAME


2017: Innovative Approach to Puppetry Animation Award (Premio ao achegamento máis innovador ao arte do teatro de monicreques) dentro do Festival AnimArt en Łódź (Polonia) 

2017-10-30-11-29-56