TOLO


adaptación do texto clásico “Diario de un loco” de Nikolái Gogol

· teatro de texto · monicreques de tamaño humano · cámara en vivo · 

 

DURACIÓN APROXIMADA: 60 min

IDIOMA: Turco (subtitulado en galego)

PÚBLICO: a partires de 12 anos

 

Un antiheroe atrapado no medio dun traballo e unha época.

 

Teatro de texto e de títeres van da man en Tolo

creando un mundo absurdo, en clave de humor,

onde a imaxe e a palabra se descolocan

para crear un universo paralelo e surrealista

nun percorrido polos escuros carreiros da mente humana.

 

SINOPSE

Un funcionario de última fila do goberno ucraniano, Aksenti Ivanovich Poprishchin, vive o seu día a día entre a rutina do seu insignificante traballo e os seu desexos de querer máis, ata rematar crendo ser o Rei de España. Frustracións que derivan en alucinacións. Prepárate para presenciar o seu escorregamento gradual cara a loucura

 

FICHA TÉCNICA

ACTORES/MANIPULADORES: Kubilay Erdelikara, Helena Varela e Xosel Díez


PRODUCIÓN: CINEMA STICADO & TİYATRO EKSEN

CO-PRODUCIDO POR: Centro Dramático Galego e Teatro Municipal de Maltepe

TEXTO ORIXINAL: Nicolái Gogol

ADAPTADO E DIRIXIDO POR: Kubilay Erdelikara

DESEÑO ESCÉNICO: Urco Barrios

DIRECCIÓN TÉCNICA: Xosel Díez

MÚSICA ORIXINAL: Xosé Lois Romero

CABEXAS DE HÍBRIDOS E FIGURÍNS: Xabi Varela

TÉCNICO DE ILUMINACIÓN: Nico Zamorano

VESTIARIO: Ana Grande

FOTOGRAFÍA: Rosa Neutro


  Estrea en Estambul (Turquía)

 Festival Internacional de Teatro de Maltepe, 6-9 de outubro de 2022.

♥♥♥♥ PREMIO ESPECIAL DO XURADO ♥♥♥♥

 

  Estrea en Santiago de Compostela (Galicia)

Festival Internacional Galicreques, 16 de outubro de 2022.