O colectivo Cinema Sticado


 

Cinema Sticado: un colectivo multidisciplinar de artistas que fai espectáculos de teatro visual con moito amor.

 

Que queremos ?

Temos aspiración por crear imaxes cargadas de beleza, poesía e simbolismo e unha incuestionable vocación polo artesanal, mais tamén andamos á procura de novas narrativas, novas linguaxes, novas expresións que poidan liberar a percepción de formas preconcibidas e que contribúan así dalgún xeito na formación dunha visión crítica da realidade.

Sempre á procura de estimular a imaxinación da audiencia e inspirarlles a reflexión, a risa e a emoción.

 

Desde cando ?

Presentamos o noso primeiro traballo “STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula” en 2015 despois de máis de dous anos de experimentación e desenvolvemento nun taller clandestino situado nun lugar indeterminado da paradisíaca península do Morrazo, en Galicia, España. Con este primeiro espectáculo xiramos por distintas prazas e Festivais de Galicia, España, Portugal, Suiza, Bulgaria e Polonia.

En 2017 fixemos un espectáculo coa Orquesta Clásica de Vigo (60 músicos) que titulamos “VÉRTIXE // BSO& filme en directo“, unha proposta de representación única en torno á película de Hitchcock. Foi unha experiencia alucinante.

En outono de 2018 presentamos o noso segundo traballo “STRPTS // Fin de tempada“, que foi seleccionado pola Red de Teatros Alternativos de España en 2019.

En 2020 estreamos o espectáculo: “PYKA: o corazón na eclipse” con música en directo do trío Caspervek, todo un goce para os sentidos.

En 2022 fixemos TOLO, unha adaptación do texto de Gogol “Diario de un tolo” en coprodución co Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe (Estambul) dirixidos por Kubilay Erdelikara.

En 2025 estreamos o noso último espectáculo: “Oh, Mammi Blue” baixo a Dirección e Dramaturxia de Noemi Rodríguez, no que afondamos no humor e na emoción cun monólogo único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia. 

 

Quen somos ?

O núcleo do colectivo está composto polos dous que firman estas liñas:

    • Xosel Díezenxeñeiro, artista e profesor, creador e cerebro do plan, manipulado durante os espectáculos, realizador en vivo das películas e constructor da escenografía, das luces e do sofware de video baixo os pseudónimos de Man Núñez, Nola Rivera e Joao Pinheiro (que se lle vai facer, hai que deixalo).
    • Helena Varelaactora, actriz e o que faga falta, creadora e mestra das voces, entre elas a da consciencia (e da conciencia), manipulada durante as representacións, facedora da ambientación sonora e distribuidora (alguén ten que facelo).

Tamén son parte do colectivo, aínda que eles non o saben, os queridos artistas (que tamén amigos) que colaboran ou colaboraron con nós nos procesos creativos dos nosos espectáculos, e aos que desde aquí damos as grazas, ben contentos, ben orgullosos:

    • Xabier Varela, virtuoso e sublime pintor, debuxou e deu cor aos magnéticos personaxes da serie STRPTS escapándoselle nalgún caso algunha similitude cos nosos caretos. Tamén é o autor das cabezas dos títeres de PYKA.  (visita aquí a súa web)
    • Julio Fer, maldito e excelente dramaturgo, atopou as letras exactas (ou non) para as voces dos protagonistas das nosas historias e foi quen de crear as conexións necesarias entre as realidades e as ficcións todas que hai nelas. (visita aquí a súa web)
    • Trío Caspervek, espectacular e exquisito trío de músicos cos que empezamos a colaborar en PYKA. Eles son Brais González (compositor e piano), Blas Castañer (percusión) e Raquel Fernández (violín).  (visita aquí a súa web)
    • Noemi Rodríguez, xenial e superlativa actriz, dramaturga e directora de escena, asesorounos dramatúrxicamente en “Fin de tempada” e agora dirixiunos e fixo a dramaturxia en Oh, Mammi Blue. Ben lle valeu algún quebradeiro de cabeza!.

 

PREMIOS

2017: “Innovative approach to puppetry animation” no Festival Animart- III International Animation Art Festival  (Łodz – POLONIA) 

2021: “Technological inovations in the development of a new language” no Festival XXVI International Puppet Theatre Festival “Three are too many, two are not enough” (Plovdiv – BULGARIA)

2022: “Jury Special Price” no Festival Internacional de Teatro de Maltepe (Estambul- TURQUÍA)

 

 

FESTIVAIS

Festival Internacional Galicreques (Santiago d.C.)

Festival Internacional de Teatro de Maltepe (Estambul- TURQUÍA)

Feria internacional del títere de Sevilla (Sevilla)

Festival TítereMurcia (Murcia)

Mostra Internacional de Teatro cómico e festivo de Cangas (Cangas)

Festival Fóra do Mapa Ferrol (Ferrol) 

International Puppet-Theatre Festival “Three are too many, two-not enough” (Plovdiv – BULGARIA) 

Figura TheaterFestival (Baden – SUIZA) 

Festival Animart- III International Animation Art Festival  (Łodz – POLONIA)

Festival Internacional de Teatro- ITF- Valise (Łomza – POLONIA)

Almería Creative Commons Film Festival  (Almería)

Feira de Teatro de Bonecos e Formas Animadas (Fafe – PORTUGAL)

Festival Primavera do Cine (Vigo)

Festival Internacional de Títeres de Redondela (Redondela)

FIOT de Carballo (Carballo)

Festival Cinemas Ocultos (Cangas)

Festival Titirideza (Lalín)

Festival ALT de Vigo (Vigo)

 


AS NOSAS ORIXES

Todo emprendimento nace dunha idea que, por diversas razóns, espertan nunha ou máis personas o interese suficiente como para embarcarse nuha ardua e incerta viaxe que ten por obxectivo facer realidade dita idea.

A idea que motivou este proxecto ven impulsada polo inagotable combustíbel dos exploradores: a curiosidade, a sede de coñecemento, a necesidade de romper límites.

Decididos a transitar por unha senda pouco frecuentada atopamos que non era propiamente un territorio novo o que queriamos explorar senón máis ben a fronteira entre dous territorios, aqueles nos que xa acostumabamos transitar: o campo escénico e o campo audiovisual.

Concretamos entón o noso obxectivo: explorar as posibilidades expresivas que xurden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual para contar historias no eido artístico da representación en vivo e en directo dun xeito novidoso e poético, misturando teatro coa creación de video e son en directo.

E do mesmo xeito que un explorador escolle os materiais de que estará feita a nave que o levará na súa aventura, do mesmo modo que el enche as bodegas, nós armamos as nosas naves cunha profunda pegada artesanal e un complexo despliegue tecnolóxico e enchemos as súas bodegas con litros e litros de investigación, experimentación e desenrolo cuxos efluvios nos farán atopar o virtuosismo, a beleza, a significación e a narrativa transmedia que nos transportarán cara novos horizontes. Por suposto sempre coa mellor e máis amorosa tripulación.

Estás convidada a viaxar connosco!

Olla aquí un video-ensaio sobre as nosas orixes